A sala está aberta todos os días do ano de 7.00 a 23.00 horas .
Para acceder a ela has de cubrir unha
solicitude de acceso que será sometida a un inmediato sistema de selección a cargo da comisión de valoración para comprobar
- o carácter tecnolóxico/innovador
- o potencial de crecemento
- a orientación ao mercado
da actividade a desenvolver na sala de coworking.
Se non puideses obter o teu sitio por exceso de ocupación pasarás á lista de espera e comunicaráseche a dispoñibilidade do espazo tan pronto sexa posible.
Cando teñas accedido á sala, a túa actividade deberá rexerse polo
Regulamento de Réxime Interno que non é máis que unha serie de normas básicas de funcionamento e convivencia.
Durante certos períodos do ano, por motivos de vacacións do persoal, a sala pode estar dispoñible só para as entidades vinculadas con empresas de Tecnópole.